Buddy e Lora finalmente marcharon para Ecuador, onde os están agardando os seus donos na súa nova casa.
Ata volver a vernos!
Se o que queres é un can grande, protector, que se leve ben cos da casa, especialmente cos nenos, este é o teu can
Parecen tan pequenos cando son cachorros! Quen ía pensar que ían chegar a este tamaño! As femias son un chisco máis pequenas, pero non moito, non vaiades pensar
Os nosos cans son unha parte moi importante da familia por eso nos poñemos exquisitos á hora de escoller a nova familia á que van pertencer e facemos un seguemento de cerca da adaptación ao seu novo fogar
Os cachorros de mastín tibetano, ou dogo do Tíbet, son fortes e moi grandes. Mirade se non este, con tan só dous meses e xa case non se dá collido no colo!
A residencia é un moi bo sitio para facer novos amigos, de todas as formas e tamaños, nunha contorna inmellorable no medio da natureza, con 3.000 metros cadrados de monte para correr, saltar e brincar todos xuntos